NOVAS‎ > ‎

O cociñeiro Martiño

publicado a la‎(s)‎ 15 mar. 2017 13:58 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 15 mar. 2017 14:02 ]

    Seguimos con máis actividades!  Nesta ocasión tivemos a sorte de poder gozar no colexio dun profesional dos contos, e así potenciar ao máximo a imaxinación e o gusto polas historias dos/as pequenos/as de infantil xunto cos seus compañeiros/as de 1º de Primaria.

 

    O conto narrado titulábase “O cociñeiro Martiño” e foi moi entretido e dinámico xa que os nenos/as puideron converterse nos protagonistas da historia. Aquí tendes un pequeno exemplo.