NOVAS‎ > ‎

Feira de Educación

publicado a la‎(s)‎ 26 abr. 2017 7:06 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 14 may. 2017 7:46 ]
   Un ano máis, participamos na Feira de Educación que está organizada polo Concello de Ribeira
Do 26 ao 30 de abril pódense visitar os stands dos centros educativos no Auditorio Municipal (10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h.). 
O noso colexio, nesta ocasión, fai unha  homenaxe ao pintor galego José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro. Dende os máis peques do cole ata os maiores de 4º da ESO, representaron nun proxecto común as diferentes etapas da vida do pintor. Así, no noso expositor, pódese apreciar a evolución da obra de Laxeiro por medio das interpretacións dos nosos alumnos e alumnas: 
Empezando polo seu Lalín natal, representado por tres porquiños moi variopintos, aos que os nenos e nenas de 4º de E.P deron vida, plasmando  pinturas nos seus redondiños corpos. 
No tellado da maqueta dunha escola unitaria, alumnos e alumnas de 4º da ESO, representaron os seus comezos como debuxante, motivado por Teresa López, a súa mestra. 
Tamén aparece reflectida, por medio de divertidas postais realizadas polos pequerrechos e pequerrechas de Educación Infantil, a época na que  Laxeiro emigra a Cuba para reunirse coa súa familia e asiste a clases de debuxo. 
Ou cando regresa a Lalín e monta unha perruquería na que se dedica a realizar retratos dos seus clientes, similares aos feitos polos nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de E.P
Os seus traballos para a prensa, un gran número de viñetas realizadas para diferentes xornais, que foron recollidas e debuxadas polos nenos e nenas de 1º e 2º de EP
Os rapaces de 3ª de E.P decoraron pezas de vaixela, simulando a cerámica de Sargadelos. Laxeiro colaborou coa coñecida empresa,  realizando diferentes deseños para as súas vaixelas.
Finaliza o percorrido da biografía de Laxeiro, no centro da exposición, onde se atopa o traballo realizado polos alumnos e alumnas  de 3º da ESO, un cadro en tres dimensión representando a obra de 1970 “Os deuses”.

Os encargados de recoller e redactar a cronoloxía sobre Laxeiro, foi o alumnado de 1º e 2º da ESO, explicando cada unha das etapas da vida do pintor.

Queremos agradecer a gran labor realizada polo persoal da UAD (Unidade de Asistencia de Drogodependencias de Ribeira) que estiveron pendentes en todo momento das nosas necesidades á hora da montaxe do noso stand.