NOVAS‎ > ‎

Salón do libro de Pontevedra

publicado a la‎(s)‎ 9 may. 2018 10:27 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 9 may. 2018 10:29 ]
O pasado 25 de abril, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria foron de visita ao Salón do Libro de Pontevedra. Xa os días previos estaban moi emocionados con esta saída, pois estaban desexando ir dende principio de curso. Este ano, ademáis, o Salón estaba dedicado ás mulleres dos contos: Alicia, Carapuchiña, Pippi, Brancaneves… son personaxes que lles encantan aos nosos alumnos e alumnas. Tamén estábamos moi ilusionados porque  no Salón do Libro vive un gran ídolo para nós: o Lobo Orbil, que é moi agarimoso con todos os nenos e as nenas que o visitan.
Despois de escoitar, ver e participar na exposición do Salón, asistimos a un concerto didáctico, unha obra de teatro moi divertida, acompañada dun trío de músicos: tivemos o pracer de escoitar un piano, un contrabaixo e unha batería tocando jazz e acompañando a historia que relataban dúas actrices moi simpáticas. “A ovella engracia” era o nome deste espectáculo.
Despois da visita, fomos camiñando pola beira do río, mirando a paisaxe e charlando cos nosos amigos e amigas… ata que chegamos a un parque enorme. Comemos, sentados na herba, os ricos manxares das nosas nais, pais e avoas e despois xogamos no parque. Os xogos do parque eran moi altos e todos de madeira.
A viaxe de volta foi cantando sen parar!