O martes 30 de outubro, o profesorado do colexio Bayón tivemos o pracer de contar con membros da Asociaición TDAH Sanlés, onde Mariña Costa (mestra de Pedagoxía Terapéutica) e Paula Suárez (Pedagoga, experta en intervención educativa, impulsora da Pedagoxía Positiva e directora de POSITIVANDO Gabinete Psicopedagóxico) compartiron con nós a súa experiencia e formación na intervención de alumnos e alumnas con Trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade (TDAH). O TDAH é o trastorno neurobiolóxico máis frecuente na infancia. Estímase que o padecen un 5% da poboación infantil-xuvenil o que equivale a un ou dous nenos ou nenas por aula. Este trastorno pode ocasionar dificultades no desenvolvemento persoal, social, psicolóxico, emocional, familiar e escolar dos nenos e nenas, provocando unha alteración na dinámica familiar e afectando á autoestima da persoa diagnosticada e incluso dos familiares directos. A finalidade desta charla formativa sobre o TDAH na escola, era identificar as características xenerais do TDAH e os seus trastornos asociados, así coma proporcionar información sobre estratexias educativas para o entorno familiar e escolar que permitan favorecer a motivación ante a aprendizaxe do alumnado con necesidades educativas específicas e reducir a taxa de fracaso escolar.
Agradecemos o traballo que realiza a Asociación TDAH Salnés e os seus membros ou colaboradores. |
NOVAS >