NOVAS‎ > ‎

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

publicado a la‎(s)‎ 11 abr. 2019 10:43 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 11 abr. 2019 10:45 ]

Como nos gusta no cole Bayón coñecer diferentes formas de comunicación !!!

Nesta ocasión, practicamos a Linguaxe de Signos (L.S.E.), coa cal os nosos alumnos e alumnas están familiarizados, empregándoa habitualmente como axuda para estudar o abecedario ou os números, para relaxarnos e comunicarnos sen facer ruído, para saudarnos dunha forma especial, para xogar a deletrear palabras e, incluso, para contar un conto.  Si, tamén nos encantan os contos en Linguaxe de Signos,  por iso recibimos con moito entusiasmo a visita duns contacontos moi especiais, dous membros da Asociación Ambar de Ribeira, que nos contaron como os alumnos e alumnas do Colexio Bayón salvaron unha árbore durante un día de excursión. A historia encantounos e permitiunos aprender  novo vocabulario  en linguaxe de signos, ademais de darnos conta de que prestando atención e mantendo a mente aberta podémonos comunicar sen facer uso da linguaxe oral.

 Desta forma demos por finalizada a  celebración do “Día Mundial do Síndrome de Down”, tema que tratamos nas aulas por medio de charlas, visionado de curtametraxes, películas, lectura de contos ou artigos de prensa. Ademais, os nosos peques de Infantil e de Primaria, debuxaron corazóns e lazos azuis e amarelos para adornar o cole e recordar sempre que...

“todos e todas somos iguais, porque somos diferentes”.