NOVAS‎ > ‎

Entroido 2017

publicado a la‎(s)‎ 11 mar. 2017 0:55 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 11 mar. 2017 0:55 ]

Por fin!! Xa están aquí os máis pequenos/as coa súa participación no Entroido 2017 do colexio. Este ano, coma os anteriores, fomos lucir orgullosos/as os disfraces polas rúas peonís da cidade. Durante o percorrido xuntámonos na Praza de España para deleitar ás familias e viandantes duns bailes moi divertidos que ensaiamos nas aulas para celebrar esta festividade que tanto nos gusta.

Este ano agradecer ás familias que se ofreceron e participaron na elaboración dos disfraces así como a aqueles/as que nos facilitaron un amplísimo reportaxe fotográfico. Moitas Grazas!