Os nenos e nenas de Educación Primaria celebramos o Nadal no colexio. Como este ano, a temática son os contos clásicos, decoramos a entrada de Primaria cunha exposición deste tema. O 21 de decembro celebramos un festival na aula de Usos Múltiples. Os diferentes cursos prepararon panxoliñas, poesías, bailes ou obras de teatro, en castelán, galego, inglés e mesmo en francés. Pasámolo fenomenal! |
NOVAS >