NOVAS‎ > ‎

“Érase unha vez... un día de conto”

publicado a la‎(s)‎ 21 feb. 2018 9:45 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 21 feb. 2018 9:51 ]
O Entroido chegou ao cole Bayón, enchéndoo da maxia que só podemos atopar nos contos clásicos.

Érase unha vez... un día no que polas rúas de Ribeira, desfilaron os personaxes do país de Nunca Xamais: Peter Pan, Campanilla, Capitán Garfio, Tigrilla ou os Nenos Perdidos. Os rapaces foron os primeiros en amosar o seu entusiasmo, cantando e bailando polas rúas para celebrar a chegada destas festas.

Continuando a diversión, o venres 9,  a maxia dos contos envolveu por completo ao cole Bayón, no que podiamos atopar aos divertidos personaxes de Alicia no País das Marabillas, a confiada e alegre Carapuchiña Vermella, a Brancaneves cos seus amigos os sete ananiños, o Soldadiño de Chumbo namorado da súa doce bailarina, Aladín coa lámpada máxica ou á adorable Bela fuxindo da malvada Maléfica...

Durante a xornada, disfrutamos coas divertidas murgas inventadas polos alumnos e alumnas de Educación Primaria, para continuar con entretidos obradoiros nos que pintamos as unllas, fixemos colares e pulseiras de pasta e gomas de cores, posamos divertidos no noso fotocol, escachamos da risa contando chistes, desafinamos todo o que quixemos  tratando de seguir as letras do karaoke, para rematar enchendo os nosos bandullos cos riquísimos melindres típicos do Entroido.