NOVAS‎ > ‎

EXCURSIÓN GRANXA-ESCOLA KIRIKO

publicado a la‎(s)‎ 14 jun. 2017 2:34 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 14 jun. 2017 2:38 ]
O pasado 24 de maio os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil saíron de excursión ata Pontevedra e visitaron as instalacións da Granxa-escola Kiriko. Esta é unha das excursións máis esperadas polos nenos e nenas xa que é para eles/as moi emocionante xa que fan unha viaxe longa en autobús cos seus compañeiros/as e comen fóra da casa.
Xa na granxa-escola realizaron actividades variadas e moi divertidas para eles/as como: obradoiro de galletas, visita e plantación nun invernadoiro, visita a diferentes animais, coidado e alimentación de algúns deles entre outras.
Os pequenos/as gozaron ao máximo de todas as actividades e fíxoselles moi curto o día a pesar de vir esgotados.