NOVAS‎ > ‎

FESTA FIN DE CURSO - EDUCACIÓN INFANTIL

publicado a la‎(s)‎ 12 jul. 2017 23:45 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 12 jul. 2017 23:50 ]
O curso 2016-2017 xa rematou, e para festexar a despedida de todos os compañeiros e mestres/as non puidemos evitar levar a cabo unha gran festa na que tivemos xogos variados, unha gran merendola con larpeiradas e unha batalla de auga. 
A festa foi todo un éxito, sobre todo a batalla de auga, xa que os nenos/as viñeron armados con pistolas de auga e gozaron ao grande empapando a todo o mundo.
Desde o Equipo de Educación Infantil non deixar pasar a ocasión de agradecer ás familias a súa participación e implicación en todas as actividades levadas a cabo neste curso escolar. MOITAS GRAZAS!