NOVAS‎ > ‎

Fondo solidario: Curso 2015/2016

publicado a la‎(s)‎ 15 jun. 2015 23:07 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 23 jun. 2015 5:27 ]
Esta convocatoria ten por obxecto regular os aspectos básicos do funcionamento do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes iniciouse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de xuño de 2015 (o prazo empezou o 2 de xuño e remata o 30 de xuño de 2015).