NOVAS‎ > ‎

I CERTAME RELATO CURTO “ HISTORIAS DE MULLERES”

publicado a la‎(s)‎ 28 nov. 2018 10:53 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 28 nov. 2018 11:22 ]

        Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO participou no I Certame de Relato curto organizado pola ONG ABAS Barbanza e o concello de Pobra do Caramiñal, “Historias de Mulleres”. A alumna Amara Argibay González   resultou premiada co 1º posto na categoría xuvenil co relato “A xustiza pola man”.  A tarde do sábado 24, acompañada por un grupo de mestres, recibiu o premio de mans dos organizadores desta iniciativa, nun encontro no que ademais da lectura das obras premiadas, asistimos a un documental previo a unha charla sobre violencia e un concerto do grupo “Agoraphobia”.

         Noraboa , Amara!


Se queres ampliar información tes os seguintes enlaces:

Facebook de Agoraphobia - https://www.facebook.com/agoraphobiaband
Facebook de ABAS-Barbanza - https://www.facebook.com/abas.barbanza/
Facebook Concellería Igualdade da Pobra - https://www.facebook.com/igualdadeapobra/