O xoves 22 de novembro realizamos o “I OBRADOIRO DE SOPRO DO BAYÓN” no que participaron os familiares dos nenos e nenas de 5º E.I, sendo guiados polos alumnos e alumnas deste curso.
A importancia do sopro para a linguaxe:
Nos rapaces e rapazas menores de sete anos os exercicios de sopro ademais de axudar a controlar a respiración, axudan a adestrar os músculos que participan na fala. O obxectivo non é só que o rapaz ou rapaza aprenda a soprar, senón tamén que aprenda a controlalo e a modular ben a súa saída pola boca, acadando unha pronunciación voluntaria e consciente.
Actividades do “I OBRADOIRO DE SOPRO”:
Agradecemos a participación tanto dos nenos e nenas que amosaron interese, responsabilidade e un comportamento inmellorable, coma aos familiares dos que nos sorprendeu e agradecemos enormemente:
Queremos amosar o noso agradecemento e alegría polo resultado do noso primeiro “Obradoiro de sopro” e garantir que fixemos autocrítica coa intención de aprender e corrixir dos erros cometidos.
E aquí vos deixamos un vídeo coa presentación da actividade. Moitas grazas. |
NOVAS >