O pasado domingo celebrouse no centro Recreativo de Artes, un acto no que se entregaron os premios do certame de poesía, e no que acadaron un 2º e 3º premio dous alumnos da ESO do noso centro. Na categoría de 12 a 14 anos a premiada cun 3º premio foi Amara Argibay González, de 1º de ESO, coa obra “Fresa e Mango”. Na categoría de 15 a 17 anos, o 2º premio foi para Adrián Pego Crugeiras, de 4º de ESO, co poema “Despois dunha ferida sempre queda una marca”. Recolleron os seus respectivos trofeos acompañados dos seus mestres e familiares, no caso de Adrián, que non puido asistir, recolleu o premio a súa irmá Laura Pego, exalumna do centro. Noraboa aos dous!!! |
NOVAS >