NOVAS‎ > ‎

LONDON TRIP

publicado a la‎(s)‎ 24 abr. 2016 8:51 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 24 abr. 2016 8:54 ]

 Do 4 ao 7 de abril de 2016, un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO do Colexio Bayón visitaron a cidade de Londres acompañados por dúas profesoras do departamento de Inglés para disfrutar dunha viaxe eminentemente cultural, non exenta de momentos de ocio e diversión.

  Durante estes catro días estivemos acompañados por unha guía, Sara Kamal, que nos orientou, nos facilitou información e nos contou curiosidades sobre os distintos lugares e edificios que visitamos.

 A visita incluía lugares tan emblemáticos como Buckingham Palace,The Houses of Parliament, Westminster Abbey, The Big Ben, The Tower of London, The Tower Bridge e St. Paul’s Cathedral. Ademais, fixemos un percorrido polas rúas, prazas e xardíns máis representativos da cidade: Green Park, St. James Park , Downing Street,  Trafalgar Square, Piccadilly Circus, China Town, Leicester Square e Covent Garden.

 Aproveitaron para facer algunhas compras en lugares tan diferentes como Oxford Street e Candem market, e visitaron os principais museos e galerías de arte, en dous dos cales tiñan un proxecto que levar a cabo, respondendo ás preguntas que se lle facían sobre cadros ou estatuas famosas.