O pasado mércores 31 de outubro, celebramos no colexio a esperada festa de Magosto e Samaín. Durante a mañá asamos e degustamos as castañas e participamos en xogos populares. Varios pais e nais axudáronnos na preparación da festa, algo que agradecemos moitísimo. Xa pola tarde fixemos a festa de Halloween, cun pequeno desfile de disfraces, bailes e xogos. Tamén preparamos unha fantástica exposición de cabazas na entrada do colexio. |
NOVAS >