Xa que finalmente o tempo meteorolóxico nolo permitiu, tanto pequenos coma maiores puideron degustar este pasado venres das castañas asadas; estaban deliciosas! E os máis pequenos paparon boa cantidade delas. Así mesmo tamén puideron alardear do recipiente feito con materiais de refugallo que elaboraron nas clases. En definitiva tiveron
unha mañá moi divertida xa que no patio puideron gozar de música para bailar, e
na aula de usos múltiples proxectouse o conto La castañera. |
NOVAS >