O alumnado da ESO celebrou esta mañá no Salón de Usos múltiples do colexio o Día da Paz, adicado aos refuxiados e centrado na problemática do exilio do pobo saharauí. Acompañados dos seus mestres fixeron un percorrido pola historia deste pobo, a xeografía e actualidade, para rematar cunha selección de fotografías da recente visita aos campamentos da súa profesora. Asemade lembrouse o compromiso co proxecto "Vicente Fernández" que terá continuidade ao longo do curso e verase materializado nunha colaboración no ámbito educativo. |
NOVAS >