NOVAS‎ > ‎

Memorial Vicente R. Fernández García

publicado a la‎(s)‎ 23 nov. 2015 10:49 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 23 nov. 2015 10:51 ]

O venres 27 de novembro de 2015, celebrase no complexo deportivo da Fieiteira (Ribeira), unha carreira de campo a través dentro do Programa XOGADE, o Memorial Vicente R. Fernández García.

Dende o centro gustaríanos que participasen todos os alumnos e alumnas como homenaxe ao noso compañeiro, e aqueles que non participen quedarán no centro cos profesores de garda.

Para dita actividade é necesario que os nenos e nenas leven unha muda completa incluído o calzado e chuvasqueiro, unha toalla de man, unha botella pequena de auga e unha froita.