NOVAS‎ > ‎

O ANDATÓN

publicado a la‎(s)‎ 30 may. 2018 3:34 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 30 may. 2018 3:44 ]
    Os pasados 16 e 17 de maio o alumnado da ESO, e algúns antigos alumnos participamos un ano máis na edición Andares Galegos. O Andatón é unha longa caminata que rodea o perímetro do noso concello e toda a costa ribeirense. Fixemos unha saída neutralizada dende o paseo do Touro. 


O primeiro día recorremos 30 km ata chegar á parroquia de Oleiros e despois de durmir no colexio e de que nos deran unhas masaxes almorzamos e marchamos no bus ata o colexio de Oleiros.
Ademais de ser bo para a saúde divertímonos un montón, aínda que non tanto coa dor de pés ao día seguinte.
Carme e Amara
2º ESO