NOVAS‎ > ‎

O Antigo Exipto

publicado a la‎(s)‎ 29 may. 2018 0:11 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 29 may. 2018 0:12 ]
O alumnado de 1º de ESO do Colexio Bayón, coa finalidade de achegarse á historia do Antigo Exipto, elaborou unha maqueta cos elementos máis característicos desta cultura; na que destacan a Esfinxe de Gizeh, as pirámides de Keops, Kefrén e Micerino, o panteón exipcio e mesmo o proceso de momificación.
Con esta actividade, ademais de aprender os contidos propios da materia de Xeografía e Historia, favoreceuse o traballo en equipo e o respecto ás aportacións dos compañeiros e compañeiras. 
Estes traballos están expostos no segundo andar do colexio e forman parte do proxecto “artistas do Bayón”, no que participa todo o alumnado do centro.