NOVAS‎ > ‎

OBRADOIRO CALENDARIOS POLA IGUALDADE

publicado a la‎(s)‎ 16 dic. 2015 23:16 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 16 dic. 2015 23:18 ]
Os alumnos e alumnas de 4º E.P disfrutaron do Obradoiro “Calendarios pola Igualdade” promovido polo Centro de Información á Muller e realizado por SENES Desenvolvemento comunitario. Durante as sesións os nosos alumnos e alumnas, potenciando a súa imaxinación e creatividade a través da creación plástica, elaboran un orixinal calendario en conxunto con outros centros de Ribeira. 
Nestas sesións, coa pedagoga Cris, os rapaces e rapazas de 4º E. P. aprenden sobre todo a implicarse  na resolución das desigualdades de xénero, na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero, fortalecendo tamén a súa autoestima, e afianzando valores moi importantes para a nosa sociedade actual como a tolerancia e a responsabilidade repecto á diversidade.