NOVAS‎ > ‎

Obradoiro de Estimulación á linguaxe

publicado a la‎(s)‎ 18 feb. 2019 10:00 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 18 feb. 2019 10:12 ]
Que ben o pasamos  no “Obradoiro deEstimulación á linguaxe”!

Fixemos un pouco de todo: falamos sobre a comunicación, sobre os problemas articulatorios dos nenos e das nenas, compartimos pautas para axudar aos pais e nais na evolución da linguaxe dos seus fillos e fillas. Logo, practicamos a respiración converténdonos en indios e percorrendo unha divertida selva chea de curiosos animais, exercitamos os nosos órganos da articulación diante de grandes espellos e tamén coñecemos a Señora Lingua. Pasámolo en grande nos xogos do sopro, acompañados de pequenos e maiores, que amosaron en todo momento alegría e ganas de disfrutar e aprender. Pódese pedir algo máis?

Despois de tantos nervios, do longo traballo para preparar as diferentes actividades, de escoller o que considerábamos importante transmitir aos pais e nais,  dos imprevistos, dos cambios de última hora... despois do mar de dúbidas que nos xurdían momentos antes de comezar, temos que dicir que resultou moi gratificante para nós. Só temos palabras de agradecemento para as nais, pais, nenas, nenos e persoas relacionadas coa educación que quixeron acompañarnos neste novo proxecto, que sen dúbida volveremos a repetir, corrixindo os nosos fallos e sempre aprendendo do  que os asistentes nos transmitiron.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!