NOVAS‎ > ‎

OBRADOIRO DE ZUME DE LARANXA

publicado a la‎(s)‎ 25 abr. 2016 10:14 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 25 abr. 2016 10:16 ]

   O pasado venres os nenos e nenas de educación infantil  fixemos  un obradoiro de cociña no que elaboramos  zume de laranxa.
   Entre todos levamos ao cole moitas laranxas das nosas casas, e os profes trouxeron os espremedores e poñéndonos ¡mans a obra!
   Vimos a súa cor, a súa forma, a súa textura, o seu tamaño e cada un fixo o seu propio zume. Despois todos xuntos brindamos e probamos o zume. A iniciativa foi todo un éxito!!!

   Foi un día moi divertido, enchémonos de vitamina C e sobre todo non nos esqueceremos nunca da cor  LARANXA.