Durante varios días do mes de decembro os alumnos e alumnas de 2º ESO participaron no Obradoiro REC.APACITA promovido polo CIM (Centro de Información á muller) e a empresa de Desenvolvemento comunitario SENES. Durante as sesións, mediante a información, a crítica e o diálogo, e a través de medios audiovisuais, os nosos rapaces e rapazas de 2º de Secundaria, xunto coa pedagoga Fátima Fernández, traballaron este triste aspecto da realidade social da violencia de xénero, axudándolle a reflexionar e sensibilizándose da importancia da igualdade e da corresponsabilidade entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida. Como remate do Obradoiro gravouse un video-spot publicitario con todos os alumnos e alumnas do curso, que vos mostraremos na nosa web cando remate a montaxe, para que tamén sirva como difusión para favorecer a reflexión e sensibilización doutros xoves ante discriminación e a desigualdade. Agradecemos a Fátima e os técnicos colaboradores a información, as súas ensinanzas e a oportunidade de participar neste proxecto. |
NOVAS >