Como lembrades, durante o mes de decembro as nosas mozas e mozos de 2º ESO, participaron nun Obradoiro promovido polo Centro de Información á Muller do Concello, a través do Proxecto Rec.Apacita sobre a igualdade entre homes e mulleres.
Este proxecto culminou cun vídeo spot publicitario reivindicativo que no noso caso baseouse na violencia psicolóxica. O pasado 8 Marzo Dia Internacional da Muller foron estreados no Centro Cultural Lustres Rivas os tres spots participantes: os dos nosos compañeiros e compañeiras do IES Nº 1, os do IES Leliadoura, e o noso do Colexio Bayón. Cada un dos spots vai acompañado dunhas tomas nas que se mostra o proceso da rodaxe.
Durante a charla que acompañou á estrea dos videos, a nosa compañeira Laura Domínguez leu un fermoso texto comentando a experiencia e as súas impresións e reflexións sobre o obradoiro e a rodaxe do spot. Cliquea aquí para lelo. Tamén Laura foi a encargada de ler unha parte do manifesto do CIM, que todos e todas alí presentes aplaudimos e apoiamos Cliquea aquí para lelo.
Baxo estas liñas, podedes visionar os vídeos resultado do Obradoiro.
Vídeo Colexio Bayón
Vídeo IES Leliadoura
Vídeo IES Nº 1
|
NOVAS >