O luns 19 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, realizaron unha actividade ofertada polo concello sobre O Ciclo da Auga . Dous rapaces “ científicos de VIAQUA” ensináronnos dun xeito lúdico e divertido que o consumo intelixente da auga é moito máis ecolóxico, positivo, sostible….. Dixéronnos que a auga e un ben de todos, e agora saberíamos explicar o ciclo natural da auga e o ciclo integral da auga , de feito temos todos e todas un Diploma de Vixiante Oficial da Auga. Moitas grazas!! |
NOVAS >