O pasado xoves, un grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO achegámonos a 1º de EP para compartir xuntos un tempo de música e poesía. O martes celébrase o Día das Letras Galegas, desta vez adicado ao poeta Manuel María, polo que recitamos aos pequenos, poemas do seu libro "Os soños na gaiola" e cantamos todos xuntos "O cuco". Acompañámolos a 4º de ESO onde recibiron como agasallo unha tarxeta preparada polos maiores, con poemas do autor da Terra Chá, e globos brancos e azuis.
"A miña infancia é a patria verdadeira. O meu paraíso perdido". Manuel María
Sobre estas liñas, vedes unha presentación feita con fotografías da realización da actividade |
NOVAS >