NOVAS‎ > ‎

O Nadal en Primaria

publicado a la‎(s)‎ 16 ene. 2019 9:15 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 16 ene. 2019 9:17 ]
Este Nadal decidimos cambiar cousas, facer novas actividades. Empregando a nosa imaxinación, decoramos a entrada do colexio con piñas e lá.

O venres 21 de decembro celebramos o comezo do Nadal con catro obradoiros moi entretidos, nos que todos os cursos estaban mesturados. Houbo o obradoiro de xogos de Nadal, o contacontos do Apalpador e a Apalpadora, cantamos e bailamos no “Christmas songs” e realizamos os frascos da maxia do Nadal, que todos e todas puidemos levar para a casa. Divertímonos, disfrutamos, aprendemos, xogamos e chegamos á conclusión de que repetiremos esta actividade en vindeiros anos.

O concurso de postais resultou ser un éxito: os nenos e nenas de Infantil e Primaria realizaron a súa postal en clase, con esforzo e creatividade. As de Primaria expuséronse na entrada co centro, as de Infantil no corredor e convidamos ás familias a velas. A exposición tivo un número elevado de visitas.

As postais premiadas foron escaneadas e enviadas por tokapp a todas as familias do Colexio Bayón. Bo Nadal e Feliz Aninovo!