NOVAS‎ > ‎

O proxecto das casiñas.

publicado a la‎(s)‎ 16 ene. 2019 8:26 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 16 ene. 2019 8:37 ]
En 1º de Primaria estamos aprendendo a traballar en equipo. Durante a pasada avaliación, as clases de Ciencias Sociais baseáronse nesta forma de traballo: os proxectos.

Realizamos un proxecto sobre as casas: aprendemos como se constrúe unha casa, como son as casas nos diferentes lugares do mundo, cales son as partes dunha casa, que hai dentro das casas, as diferentes familias que poden vivir en cada casa, casas unifamiliares e casas de pisos, as casas das nosas mascotas, os enderezos das casas...

Foi un traballo de investigación, no que cada un e cada unha de nós facía unha parte importante, aprendemos a tomar decisións en equipo, a liderar e a ceder, a poñernos dacordo dialogando.

A meta, o fin, o remate do proxecto foron as fermosas casas que construímos coas nosas mans, empregando materiais de refugallo, plastilina e moita imaxinación.

A semana antes de vacacións de Nadal, convidamos a visitar a exposición ás nosas familias. As nosas mamás, papás, avós e avoas asistiron encantados e amosaron estar orgullosas e orgullosos do noso traballo.