O pasado 29 de
outubro celebrouse no colexio a festa máis tenebrosa do calendario: o Samaín!!
(aínda que hai xente que lle chama Halloween). A pesar diso, os pequenos do
colexio tiveron unhas xornadas ben animadas e cheas de risas, xa que puideron
baleirar no colexio unha cabaza para expoñer nos corredores xunto coas que
elaboraron nas súas casas, participaron nun taller de maquillaxe e tiveron unha
festa de disfraces na que puideron amosar nunha pasarela o seu disfrace máis
arrepiante. QUE MEDO DABAN!!
|
NOVAS >