NOVAS‎ > ‎

Parque Zoolóxico de Marcelle Natureza

publicado a la‎(s)‎ 4 jun. 2017 2:00 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 4 jun. 2017 2:01 ]
   Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP fixemos o xoves 25 de maio, uha saída cultural co obxectivo de educar para protexer a fauna silvestre e conservar a natureza. O tempo axudounos a disfrutar dun xardín zoolóxico moi coidado onde os animais están nunhas condicións que satisfacen todas as súas necesidades.
Explicáronos que os animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade.
Estivemos no zoo, na reserva, e nun taller de tiro con arco.No parque vimos especies da fauna autóctona como o lobo ibérico, o oso pardo,e especies exóticas como bisontes, linces boreales, suricatas, canguros...
Chegamos ó colexio ás sete da tarde agotados pero cheos de emocións.