Este ano 2017, foi o primeiro no que en España se celebrou de xeito
organizado, o π day.
Outros países lévano celebrando dende hai xa bastantes anos. E en que
consiste esta celebración? Pois en festexar un día pensando en π e nas matemáticas. Nin máis, nin
menos. E como π=
3.14, que mellor data para homenaxealo que o 14 de marzo (mes 3, día 14). Dende o colexio Bayón tamén quixemos unirnos a este festexo e deixamos
mostra dunhas fotos realizadas simulando o número π. Un número máxico na
comunidade matemática. Deixamos o
enlace á páxina oficial da celebración en España desta data http://www.piday.es/ |