O xoves 29 de outubro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria asistiron a unha sesión de contacontos e a un obradoiro de debuxo con estes artistas galegos. O autor Enrique Mauricio narrounos a historia de Anxos Alvariño, unha oceanógrafa galega, muller pioneira no mundo da ciencia e a investigación. Namentres nos narrou o conto, o ilustrador Carlos Taboada debuxou un mural sobre Anxos e a súa historia. Ao remate, todos os nenos e as nenas participaron nun obradoiro de debuxo: realizaron caricaturas da protagonista do conto. Foi unha actividade moi creativa e participativa, os
rapaces amosaron unha actitude positiva e estiveron atentos en todo momento. O broche final foi
realizar un mural coas caricaturas de todos eles. |
NOVAS >