NOVAS‎ > ‎

Profe por un día

publicado a la‎(s)‎ 13 mar. 2019 16:09 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 13 mar. 2019 16:11 ]

As nenas e os nenos de 1º de Primaria son tan maduros e responsables, que durante esta avaliación foron eles os mestres e mestras. Viviron nas súas propias carnes a experiencia de ensinarlles un tema aos seus compañeiras e compañeiros, foron: profes por un día!

Escolleron un tema, preparárono na casa, coa axuda das súas familias e foron os mestres e mestras ese día.

Elixiron temas de Ciencias Naturais, como: as nosas mascotas, animais da aldea, animais salvaxes, animais do océano, tiburóns, a metamorfose das bolboretas, os dentes e a boca, os pulmóns...

Tamén escolleron temas de Sociais, como: as bandeiras do mundo, o noso Concello, o Parque Natural e Lagoa de Vixán, os dinosaurios, Panxea (o supercontinente), a pesca, aparellos e especies, primeiros auxilios...

E temas variopintos, como a gastronomía doutros lugares: preparación do cuscús de Marrocos, fenómenos meteorolóxicos: o arco da vella, ídolos dos libros e da tele: Harry Potter, deportes marítimos: regatas de veleiros, electrodomésticos: a roomba...

Todos eles temas interesantes e emocionantes. Aprenderon a utilizar a pantalla dixital, realizaron murais e actividades plásticas, trouxeron obxectos e fotos das súas casas... prepararon as súas leccións a conciencia, como se de estudantes universitarios se tratara.

Serán grandes mestres e mestras algún día!