NOVAS‎ > ‎

PYGMALION / FRANCISCO LEIRO

publicado a la‎(s)‎ 9 abr. 2016 1:57 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 9 abr. 2016 2:18 ]

O pasado mércores, alumnos de 3º e 4º de ESO do Colexio Bayón, desprazáronse a Santiago para visitar a zona vella e realizar un par de actividades culturais. A primeira programada dende o departamento de plástica, e a segunda dende o departamento de linguas estranxeiras.

A primeira actividade consistía na asistencia a unha exposición titulada "Os traballos e os días". As obras son dun artista galego recoñecido chamado Francisco Leiro, escultor sobre o que levamos traballando algún tempo.

Coa axuda das guías da fundación Abanca, puideron coñecer con máis detalle a vida do artista, entender mellor a súa forma de traballar, a súa temática, os materiais que emprega nas súas obras, etc...

A segunda actividade, consistía en asistir a unha representación, no Teatro Principal, integramente en inglés titulada Pygmalion onde os rapaces desfrutaron con bailes, cancións e actuacións duns artistas excepcionais, practicando un dos idiomas que se estudan no centro.

O día rematou despois de comer e dar un paseo no centro comercial As Cancelas do que saímos aproximadamente sobre as cinco e media da tarde para voltar ó noso Colexio.


Alumnos de 3º e 4º ESO do Colexio Bayón