Os días 22 e 23 de febreiro, os rapaces/as do Clube de Sendeirismo do cole, visitaron a Serra dos Ancares. Nesta ocasión montamos o noso campamento base no magnífico Hotel Piornedo (damos as grazas á familia do hotel e a todo o seu equipo por acollernos tan ben) O sábado, despois dun almorzo "montañeiro", fixemos a ruta de ascensión ao pico Mostallar. A ruta foi dura e espectacular, sobre todo no segundo tramo, con zonas máis técnicas, verticais e con neve e xeo. Na ascensión final tivemos que variar o trazado, pois a pala do Mostallar estaba completamente xeada, e decidimos subir ao Pena Longa, de casi 2000 metros. Despois de xantar na Golada do Porto, comezamos o descenso ata Piornedo. Os rapaces e rapazas desfrutaron da neve e experimentaron a sensación de realizar una dura ruta de alta montaña. |
NOVAS >