NOVAS‎ > ‎

Ruta dos ANCARES

publicado a la‎(s)‎ 8 abr. 2018 13:43 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 8 abr. 2018 13:58 ]
A fin de semana do 6 e 7 de abril, os rapaces e rapazas do clube de sendeirismo do noso colexio, desfrutaron dunha nova ruta de sendeirismo. Nesta ocasión visitamos a zona dos Ancares, establecendo como campo base as instalacións do hotel Piornedo, nas que nos trataron de forma excelente. 
Os rapaces/as coñeceron a aldea de Piornedo, apreciaron as características das típicas pallozas deste lugar e realizaron parte da ruta de ascensión ao pico Mostallar de casi 2000 metros de altitude.
Durante toda a ruta a paisaxe foi totalmente invernal, cunha cantidade de neve que fixo as delicias dos nosos/as alumnos/as.
O tempo acompañou, incluso tivemos a sorte de vivenciar unha boa nevada.
Todos desfrutamos dun gran fin de semana.