NOVAS‎ > ‎

Ruta Sendeirismo. Río Artes

publicado a la‎(s)‎ 28 feb. 2018 13:58 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 28 feb. 2018 14:02 ]
Este sábado 24 de febreiro, os alumnos/as do noso colexio puderon desfrutar dunha nova ruta de sendeirismo.
Nesta ocasión percorremos a senda do Río Artes na súa totalidade, visitamos as aldeas de Os Muíños, Balteiro e San Amedio e finalizamos a ruta no mirador da Curotiña. Os rapaces/as viron un total de 5 muíños e coñeceron o seu funcionamento.
Tamén apreciaron como se collen os vimbios para atar a viña ou facer cestos.
Fixemos alguna parada para aprender como se lavaba antigamente nos lavadoiros.
O tempo acompañou, e todos desfrutamos dun gran día.