NOVAS‎ > ‎

“SEGUIMOS CAS FLORES”

publicado a la‎(s)‎ 25 may. 2016 13:32 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 25 may. 2016 13:33 ]

No colexio os nenos/as de infantil seguen a festexar a estación das flores.

Nesta ocasión prepararon unhas macetas con xeranios para adornar as fiestras das aulas. Aproveitaron para ver de primeira man as partes das plantas así como as condicións e requisitos que precisan para vivir e medrar: terra, sol, auga, etc.

Ata que remate o curso os pequenos/as serán os responsables de coidar as flores para que estean bonitas e boten moitas flores. Están moi motivados!