NOVAS‎ > ‎

SEMANA DA DIVERSIDADE

publicado a la‎(s)‎ 24 mar. 2018 16:14 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 24 mar. 2018 16:22 ]
Durante a semana do 19 ao 23 de marzo, os nenos e nenas realizaron actividades de concienciación sobre a diversidade funcional (psíquica, sensorial e motora), dando a coñecer as principais características das mesmas, así como as formas de comunicación alternativa que empregan (linguaxe de signos, pictogramas, Braille…).

Nas aulas os alumnos e alumnas coñeceron  o día a día de persoas con diferentes capacidades, mediante a visualización de documentais e curtametraxes, ademais de coñecer e practicar  outros métodos de comunicación distinto ao oral e escrito: pictogramas, linguaxe de signos ou Braille.

O mércores 21, Día Mundial de Síndrome de Down, todo o noso alumnado reuniuse no patio con globos azuis e amarelos para lanzar mensaxes de apoio e respecto á diversidade. Con esta actividade, quixemos sumarnos tanto á iniciativa do Día Mundial do Síndrome de Down (21 de marzo) con globos e corazóns de cor amarelo e o Día Internacional da concienciación do Autismo (2 de abril) con globos e corazóns azuis.

A normalización das persoas con diversidade funcional é un tema moi importante para toda a nosa comunidade educativa, a empatía, a tolerancia e o respecto son valores fundamentais que as nosas alumnas e alumnos traballan cada día.