NOVAS‎ > ‎

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

publicado a la‎(s)‎ 12 mar. 2017 3:13 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 12 mar. 2017 3:14 ]

Durante esta semana, os alumnos e alumnas do Colexio Bayón traballaron a prensa escrita de acordo ao nivel educativo ao que pertencen. Dende os máis pequenos e pequenas do noso centro, axudados polos nenos e nenas de 6º E.P, que o pasaron moi ben  recortando dos xornais as imaxes que máis lles chamaron a atención, para pegalas nun mural que adorna a súa aula.

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria, inventaron as súas propias noticias e buscaron nos xornais as que máis lles chamaban a atención para compartilas en voz alta cos seus compañeiros e compañeiras. Ademais de empregar recortes de xornais para facer un divertido xogo no que atopar unha mesma palabra  que se repetía varias veces pero con diferente letra, tamaño ou cor.

Ou imaxinar que somos periodistas e que temos que atopar a noticia máis interesante para contar no noso Telexornal.

Con todas as actividades, pretendemos  que os nosos alumnos e alumnas plasmen de forma práctica, e en diferentes contextos, as aprendizaxes adquiridas durante o curso.  De maneira que eles mesmos se dean conta da importancia que teñen as ensinanzas adquiridas e a utilidade que poden facer dos seus propios coñecementos. Tamén traballamos a actitude crítica ante unha noticia, así coma a empatía ante as circunstancias vividas por outras persoas.