O mércores 23 de maio veu a compañía “Face 2 face” ao noso cole. Representaron a obra “Snowball” para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Xa coñeciamos o conto e as cancións, xa practicáramos nas clases de inglés. O teacher Zach fixo de sol na obra, algúns compañeiros e compañeiras tamén fixeron outros personaxes, e hasta pintamos na cara folerpas de neve. Que ben o pasamos!!! Foi divertidísimo!!! |
NOVAS >