Ante a situación de emerxencia que se está a producir estes días nos campos de refuxiados saharauís, polas recentes chuvias e inundacións, a comunidade educativa do Colexio Bayón, solicita a súa axuda económica voluntaria para tratar de paliar a dramática situación que se está a vivir no deserto. Nos vindeiros días entregaráselles aos rapaces un sobre que voluntariamente poden traer ó centro coa súa aportación económica. A recadación ingresarase nunha conta aberta pola SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) a este efecto, para ser transferida á Media Luna Roja Saharaui. Se desexan máis información ou contribuír cunha doazón particular, póñanse en contacto co centro, que gustosamente lles informará. |
NOVAS >