NOVAS‎ > ‎

SOS Sahara

publicado a la‎(s)‎ 5 nov. 2015 8:45 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 5 nov. 2015 8:59 ]

Un numeroso grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO saíron na maña de onte mércores 4 de novembro, polas rúas de Ribeira, para recadar fondos na campaña solidaria que o noso centro está a levar adiante: SOS Sahara.

A media mañá, e acompañados por un grupo de profesores, percorreron as rúas da vila con huchas, á procura de xente solidaria que colaborase con esta iniciativa. Foi un éxito rotundo, xa que sensibilizados coa situación actual do pobo saharaui, non escatimaron esforzos en explicarlles aos transeúntes a razón da súa saída das aulas.

O recadado coas huchas solidarias, xunto coas aportacións voluntarias do resto do alumnado e familias, así como do propio centro educativo, será ingresado na conta de SOGAPS e chegará á Media Luna Roja Saharaui nos vindeiros días.

Un millón de grazas a todos.