O pasado venres 31 de marzo, celebramos o “English Day”. Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e os de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria disfrutaron dunha actividade organizada polo Centro Británico. Durante a semana previa á función traballamos o vocabulario e realizamos diferentes actividades nas clases de Inglés. O venres, pintamos as caras, contáronnos un conto sobre o “Easter”, e mesmo houbo xogos e cancións. Tamén recibimos a visita do “Easter bunny” e comemos ovos de chocolate. Foi tan divertido! |
NOVAS >