NOVAS‎ > ‎

TDAH e Drogas

publicado a la‎(s)‎ 8 jun. 2016 3:32 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 8 jun. 2016 3:32 ]
   Asociación Antidroga Renacer  organiza o  vindeiro xoves 9 de xuño ás 19:00 h  unha charla coloquio sobre “ TDAH  e Drogas” no Centro Cultural Lustres Rivas (no mesmo andar da Biblioteca Municipal).  A charla está organizada pola Asociación Antidroga Renacer, e será a cargo de Dr. Manuel Isorna Folgar, Psicólogo e profesor da Universidade de Vigo, que nos informará de como a presenza do TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) pode incrementar o risco de sufrir un problema  de consumo de sustancias e pode dificultar o tratamento do TDHA, empeorando a súa evolución.  Remitimos esta información ás familias dos nosos alumnos, sabedores de que é unha temática de interese  da nosa comunidade educativa.