A semana pasada desprazámonos a Vigo o alumnado de 3º e 4º de ESO para disfrutar do teatro e da Casa das Palabras. Pola mañá asistimos á representación da obra de Federico García Lorca “La casa de Bernarda Alba”, unha traxedia rural ambientada nun pobo andaluz de Granada e cargada dun forte simbolismo, onde só aparecen personaxes femininos que reflexan a vida da época e tratan temas tan diversos coma o amor e o odio, as aparencias, a envexa ou os cartos. Ao rematar fomos ao centro comercial Gran Vía, onde pasamos unhas horas de lecer para despois acudir a unha visita pola tarde ao Verbum, a Casa das Palabras. Alí percorremos a exposición permanente neste museo interactivo, que permite coñecer a través de xogos, todo o relacionado coa linguaxe: idiomas, letras, sons, palabras, signos… Todas as formas de expresión da comunicación humana. Na exposición temporal Emporium, coñecemos a importancia do pobo de Vigo no comercio ao longo da historia e o nacemento da cidade a carón do mar. |
NOVAS >