O pasado martes, 11 de decembro, alumnos e alumnas de Educación Primaria e da ESO, un ano máis, disfrutaron das obras de teatro en inglés da man da compañía Face2face. Este ano, a actividade, que está sufragada pola AMPA do noso colexio, levouse a cabo nas instalación do ISM de Ribeira. Para o alumnado de 2º, 3º, 4º, e 5º de Educación Primaria representaron a obra Tarzan, na que tamén participou algún alumno. E ao rematar a función paramos a merendar e xogar no parque do Centenario. Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria e da ESO disfrutaron da obra Delaired. A actividade resultou divertidísima, coma sempre. |
NOVAS >