NOVAS‎ > ‎

TEMOS TABLETS!!!

publicado a la‎(s)‎ 10 abr. 2018 8:56 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 10 abr. 2018 9:00 ]
As nenas e os nenos de 1º e 2º de Primaria temos moitísima sorte, porque este curso estamos traballando con tablets. Aprendemos un montón cada día, ainda que só as usamos un pequeno rato nas clases de Mates, Lengua Castelá e Inglés (en 2º tamén en Lingua Galega), as actividades que nos poñen as profes nelas son moi divertidas.

Cando comeza a clase, realizamos os exercicios nas libretas ou nos libros e, despois, facemos actividades sobre o mesmo tema nas tablets. A lóxica e a comprensión son moito máis sinxelas así, porque é todo visual, máis motivador para nós.

Coas pizarras dixitais na clase, as mestras explican as tarefas e nós traballamos despois nas nosas tablets. Ademais, temos exercicios diferentes uns dos outros e así podemos afianzar máis os contidos nos que fallamos cada un de nós de forma individual. Mentres uns escriben palabras con br ou bl, outras poden estar separando sílabas ou facendo comprensión lectora. No caso das matemáticas, mentres unhas fan sumas levando, outros poden estar realizando series, restas, problemas… todas as tarefas están adaptadas ás nosas necesidades e serven para reforzar os nosos coñecementos.

Os nenos e nenas doutros cursos están ansiosos por usalas: xa invitamos aos de 6º de Infantil e aos de 3º de Primaria e gustáronlles moitísimo.

Cando avanzamos nas nosas aprendizaxes, a tablet prémianos cunha estrela. Xa gañamos un montón!